Que ben o pasan nesta aula dando unha segunda vida aos cartóns do papel hixiénico!!!
miércoles, 18 de enero de 2023
lunes, 16 de enero de 2023
EIXO MOTIVADOR DO PROGRAMA NO CURSO 2022-23
Trátase dun proxecto cuxa finalidade é promover unha alimentación saudable entre o alumnado, especialmente a través do consumo de froitas e hortalizas. É principalmente un taller interactivo, sensorial e audiovisual, a través da súa versión dixital para poder realizalo online.
As personaxes son:
- Brocolín (brócoli)
- Pilgrim (cabaza)
- Yellow (pemento amarelo)
- Tina (tomate cherry)
- Sapiño (melón)
- Bimin (as xemelgas Bi e Mi)
Deste xeito porase en valor a agricultura, a natureza, o medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
Aquí tes o enlace para que descubras...
viernes, 18 de noviembre de 2022
lunes, 14 de noviembre de 2022
MAGOSTO
O venres, 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos unha das festas máis importantes do outono, o Magosto. Esta é unha celebración popular relacionada coa colleita das castañas onde os veciños se reúnen para asalas, bailar, xogar e festexar. E iso mesmo é que nós fixemos.
En primeiro lugar, elaboramos este mural colectivo que leva por título “Móllate neste Magosto” no que cada nivel escribiu e ilustrou poemas, refráns, adiviñas… relacionadas con esta conmemoración. Quedou así de bonito:
Logo, celebramos o Magosto con xogos populares, degustación de castañas asadas e chocolatada. Foi unha xornada moi divertida onde desfrutamos moitísimo e nos acompañou un día maravilloso co “verán de San Martiño”.
O alumnado de Educación Infantil participou en diferentes xogos que estaban repartidos por diferentes recunchos do colexio:
1. Os globos
2. A rá
3. Aros musicais
4. A corda
5. Carreia de sacos
Ao finalizar cada xogo, recibían unha peza dun puzle, que despois montaron na aula:
E para rematar a xornada, merendaron unhas deliciosas castañas asadas e tomaron un rico chocolate:
O alumnado de Educación Primaria tamén participou en diferentes xogos populares:
1. Chave e chapas
2. A rá
3. A pesca
4. Aros musicais
5. Tres en raia
6. A corda
7. Carreira de sacos
8. Mariola
9. Os panos
Logo, armaron o puzle de recompensa.
E para finalizar, degustaron as castañas e desfrutaron dun delicioso chocolate.
Unha xornada marabillosa! Feliz Magosto!
miércoles, 21 de septiembre de 2022
martes, 20 de septiembre de 2022
RESULTADO DA PLANTACIÓN DE SEMENTES DA FROITA DOS RECREOS
O curso pasado, o alumnado de 5 anos A plantou as sementes do melón que consumían nos recreos, no invernadoiro do patio do colexio. Cando voltamos ás clases no curso actual, este era o resultado.
lunes, 19 de septiembre de 2022
RECICLANDO CON ECOEMBES
Desde Ecoembes proporcionaron papeleiras para reciclaxe que permitirán organizar a recollida de residuos no centro. Deste xeito, xunt@s no coidado do medio ambiente.
miércoles, 29 de junio de 2022
DEGUSTACIÓNS: OS FROITOS E FROITAS DO CONTORNO
No outono, a nosa aula de 6º nivel de educación infantil grupo B, fixemos varias degustacións para presentar e valorar os froitos da estación, propostas que nos axudaron a valorar á aportación da natureza e a taballar o ámbito sensorial.











.jpg)














.jpg)









