martes, 20 de septiembre de 2022

RESULTADO DA PLANTACIÓN DE SEMENTES DA FROITA DOS RECREOS

 O curso pasado, o alumnado de 5 anos A plantou as sementes do melón que consumían nos recreos, no invernadoiro do patio do colexio. Cando voltamos ás clases no curso actual,  este era o resultado.




A mestra Alicia, no mes de novembro recolleu o melón e levoullo aos nenos e nenas que este curso xa están en 1º A. Comérono todo!!!



lunes, 19 de septiembre de 2022

RECICLANDO CON ECOEMBES

Desde Ecoembes proporcionaron papeleiras para reciclaxe que permitirán organizar a recollida de residuos no centro. Deste xeito, xunt@s no coidado do medio ambiente.









TEMA TRONCAL DO CURSO 2022-23

Partimos do tema troncal do curso:

"A auga, fonte de vida"


" Mucha gente pequeña en lugares pequeños, haciendo cosas pequeñas pueden cambiar el mundo"
Eduardo Galeano

miércoles, 29 de junio de 2022

TI SI ES BO PEIXE

 

Participamos nas actividades e talleres de formación dos plans Proxecta +:







DEGUSTACIÓNS: OS FROITOS E FROITAS DO CONTORNO


No outono, a nosa aula de 6º nivel de educación infantil grupo B,  fixemos varias degustacións para presentar e valorar os froitos da estación, propostas que nos axudaron a valorar á aportación da natureza e a taballar o ámbito sensorial. 
 





 

viernes, 24 de junio de 2022

RICA SANDÍA

 Na nosa aula continuamos pensando que a relación familia - escola é primordial, de aí a colaboración contínua coas familias. 

En este caso unha familia achegounos unha sandía da súa horta para merendar. Unha froita fresquiña que nos refrescou o paladar ! Estaba boísima! Aproveitamos así para seguir traballando alimentación saudable, aspectos lóxico-matemáticos como forma e cores , o sentido do gusto...

 





 


PLANTACIÓN DE VERBENAS

 En esta primavera 2022 plantamos Verbenas , unha planta de follas simples e flores de variadas cores. 

Para facelo elaboramos as nosas propias macetas e encargámonos os seus coidados ata o seu nacemento.







TALLER DE PRIMAVERA

 

 

Esta semana na aula de 4 anos recolectamos flores e ramas  no noso patio  para a elaboracion dun taller de primavera no que traballamos a motricidade fina e sobre todo a imaxinacion. 

As nosas obras de arte quedaron así de ben!

 


 




 



MACEDONIA

 APROVEITANDO QUE TODAS A SEMANAS SE REPARTE FROITA NA HORA DO RECREO, NA NOSA AULA DE 4 ANOS DECIDIMOS FACER MADEDONIA PARA MERENDAR. TRABALLAMOS AS FROITAS DE ESA SEMANA, APRENDEMOS A ELABORAR ESTE POSTRE E O MÁIS I PORTANTE ...APRENDEMOS A PROBAR COUSAS NOVAS ...











NUTRIPLATO

NA AULA DE 4 ANOS ELABORAMOS O NOSO PROPIO NUTRIPLATO FACENDO FINCAPÉ NA IMPORTANCIA DE UNHA ALIMENTACION VARIADA. 

                         






jueves, 23 de junio de 2022

SABOROSAS MATEMÁTICAS

 As froitas e as verduras son moi importantes nunha alimentación saudable e tamén nos poden axudar a entender mellor algúns conceptos matemáticos como o de metade e a correapondencia número-cantidade. Na aula de 3 anos A fixemos estes xogos para traballar todo isto.






FROITOS DO OUTONO

 Ademais das castañas, o outono déixanos en Galicia unha morea de froitos moi sans para incluín na nosa dieta, e na aula de 3 Anos A traballamos algúns deles no primeiro trimestre.