Os alumnos de Audición e Linguaxe aprenderon a clasificar as froitas e hortalizas. Ao mesmo tempo repasaron a articulación dos distintos fonemas e aumentaron o vocabulario. Agradecer a Sonia Márquez Logopeda o material.
lunes, 10 de febrero de 2020
jueves, 23 de enero de 2020
A LISTA DA COMPRA NA AULA DE PT
Para traballar un dos obxectivos do programa: Ser capaz de facer unha lista da compra, na aula de PT, partindo do traballo con lecturas funcionais, en contextos reais, neste caso a lectura: La lista de la compra, fixéronse as seguintes actividades:
martes, 21 de enero de 2020
OS SENTIDOS
Adquirir hábitos saudables investigando sobre o noso corpo (neste caso os sentidos) é un dos obxectivos propostos no programa "Aliméntate ben", polo que na clase de 1º de primaria os nenos e nenas traballaron os sentidos...e...escoitade que ben os saben...
Se lles preguntamos a estes nenos e nenas cal é o órgano de cada sentido...tamén o saben moi ben.
Probar e coñecer novos alimentos e ampliar as experiencias sensoriais do noso alumnado é outro dos obxectivos do programa.
Nesta sesión traballouse especialmente o sentido do gusto, que nos permite identificar os sabores nos alimentos. O órgano principal involucrado na percepción do sabor é a lingua e...que sorpresa cando os escoitamos dicir que na lingua temos as papilas gustativas.
Probaron distintos sabores: salgado, picante, amargo, ácido e dóce.
martes, 14 de enero de 2020
Aliméntate ben
Con este programa preténdese crear hábitos de alimentación saudables entre o noso alumnado, fomentando a educación en valores, a convivencia, a cooperación, a solidariedade, a responsabilidade, o respecto e o esforzo.
Esta semana comenzan dúas das modalidades do programa:
- Froita na escola
- Lácteos na escola

O primeiro período de repartición:
domingo, 10 de noviembre de 2019
VISITAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE COGUMELOS
O pasado xoves 7 de novembro tivemos a oportunidade de visitar no IES de Arzúa unha exposición de cogumelos realizada polo alumnado de agraria. Nesta exposición, o alumnado participante nos programas de "Aliméntate ben" e "Sustentabilidade e paisaxe" puido observar unha morea de exemplares de cogumelos, así como os seus nomes e a idea de que hai cogumelos comestibles e outros que son velenosos, sendo a "micoloxía" a ciencia que os estuda.

















Mostráronnos tamén como certos cogomelos cambian a cor da súa carne ao cortalos.

Espertáronse curiosidades como algún nome ("peido de lobo") e a idea de que se poden identificar os cogumelos a partir das súas esporas. Observamos as "esporadas" ou impresións de esporas (mancha formada polo conxunto de esporas que deixa caer un cogumelo maduro sobre unha superficie), que son importantes para identificar o cogumelo, debido a que a súa cor varía con cada especie e tamén permite iniciar algún cultivo partindo destas esporas.




Quédannos moitas cousas por aprender dos cogumelos. O outono vístese de cores e móstranos a súa beleza, na que contrastan vermellos, ocres e dourados, mesturados cos verdes das follas perennes.
Se chove, medran os cogumelos. Hainos no campo, nos bosques e ata nos xardíns e cada paisaxe ten os seus. O níscalo por exemplo é típico dos pinares. Para buscalos temos que valorar a vexetación e hai que saber de árbores, xa que certos cogumelos só están debaixo dun tipo de vexetación (arbusto, árbore,...) e isto é básico para saber o que buscamos. Canto nos queda por investigar...e farémolo a partir desta visita, porque... os cogumelos, que son? plantas? fungos? froitos?...que é unha planta? e un fungo? e un cogumelo? en que tipo de paisaxe medran? que precisan para medrar? queremos facer esporadas?... Adiante pequenas e pequenos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










































