Os rapaces e rapazas de 3º B elaboraron este mural de aula, por grupos.
Un grupo encargouse de completar o "Encrucillado alimentario", outro de reconstruir o "Nutriplato" e o outro grupo de conseguir chegar á meta do "Laberinto dos alimentos".
Os rapaces e rapazas de 3º B elaboraron este mural de aula, por grupos.
Un grupo encargouse de completar o "Encrucillado alimentario", outro de reconstruir o "Nutriplato" e o outro grupo de conseguir chegar á meta do "Laberinto dos alimentos".
Cada ano, na primeira fin de semana do mes de marzo celébrase en Arzúa a Festa do Queixo.
Con este motivo, parte do alumnado do Ciclo de EI da EFA de Arzúa veu á nosa aula de 5 Anos A do CEIP de Arzúa para falarnos sobre as vacas e a súa importancia na paisaxe, na economía e na alimentación en Galicia.
Todo isto fixérono mentras xogamos ao "Twister do Queixo" e decoramos uns debuxos dunhas vacas.
E déronnos unhas medallas por facelo tan ben!
O alumnado de 6°A de Educación Infantil do CEIP de Arzúa realizou coas súas familias un libro con receitas saudables e con xeitos creativos e divertidos de presentacións para servilas na mesa.
Aquí déixovos unha pequena mostra do traballo. Podedes velo enteiro na bibblioteca do noso centro.
Bo proveito!
O alumnado de 3º B realizou, por grupos, cinco SOPAS DE LETRAS na que os demais compañeiros e compañeiras deberán atopar 8 palabras relacionadas coa boa alimentación e hábitos saudables.
As sopas de letras teñen os seguintes títulos:
- Deportes.
- Alimentación.
- Diversión.
- Froitas e verduras.
- Hábitos saudables.
O alumnado de 3º B fixemos un bingo con diferentes alimentos e pasamos un rato moi divertido xogando.
Os rapaces e rapazas de 3º B fixeron estes murais relacionados cos pratos típicos de Galicia e os nosos mariscos.
Plasmaron nun mural as imaxes destas comidas tradicionais das nosas cociñas e rotularon os seus nomes.
O xoves 29 de febreiro, con motivo da celebración da Festa do Queixo na nosa vila (Arzúa), os nenos/as de 4 anos recibimos nas nosas aulas aos alumnos/as do ciclo de Educación Infantil da EFA Piñeiral. Grazas á súa visita adquirimos moitos coñecementos sobre o queixo: a familia de alimentos á que pertence, o seu proceso de elaboración e os ingredientes imprescindibles para levalo a cabo, denominacións e diferentes etiquetados. Todo isto, facendo especial fincapé nun derivado lácteo de gran importancia: o queixo Arzúa-Ulloa.
Pasamos unha divertida mañá xa que ao longo da visita puidemos desfrutar de contos, actividades interactivas, cancións e bailes.
Os nenos e nenas de 3°, 4°, 5° e 6° de Educación Primaria do CEIP de Arzúa, co motivo do Día da Paz, fixeron na clase de Relixión un mural moi "froiteiro" que titularon "Paz Frutífera", con debuxos de froitas e palabras relacionadas coa paz.
Neste traballo quixeron amosar que para acadar a Paz temos que alimentala de froitas que conteñan un importante aporte vitamínico de respecto, perdón, xenerosidade, bondade...e con un alto contido na fibra do Amor cuxo principal beneficio é o mellor funcionamento do noso mundo.
Animámosvos a consumir estas saborosas e saudables froitas que vos darán moita enerxía positiva e traerán moita Paz ás vosas vidas.
O alumnado do segundo curso de Primaria do CEIP de Arzúa fixo unha saída didáctica a un supermecado da vila para que coñeceran de primeira man onde atopar os produtos de alimentacion saudable no establecemento, normas de hixiene...
Coñeceron tamén o EPI usado na carnicería. Degustaron un petisco saudable elaborado a base de froitas e lácteos (bebibles) e finalmente recibiron un agasallo (bolsa, lápiz para plantar unha hortaliza, froita, auga e vale desconto).